-
2010
-
agosto
-
Mollado de diamantes
08/28/10
Son, sen sabelo, o viaxeiro das pontes ao mundo da ilusión, son a parte da materia que habita un baleiro consciente, unha palabra ao revés, subindo e baixando a escaleira da frase sen sentido mais longa da historia. E dígome: E agora que?, agora que o río baixa revolto e o inunda todo. S -
Avanti presto
08/27/10
Un pouco de exercicio na punta dos pés, na palma da man, flexións, extensións, saltos alegres para comezar un día antes de que chegue. Anticipación seguida de calma e relax, formula ideal para a meditación creadora. Avanti presto!
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++ -
Anunciación
08/21/10
Por detrás está o mundo envolvido en chamas, o camiño non se detén por que eu non me deteño nel. Seguir e seguir, é a decisión incuestionable. Todo pasa a unha velocidade de vertixe, o alento da loita empúrranos e ás veces case nos afoga na súa propia vitalidade. No reino animal ninguén -
Hai un Profeta
08/20/10
HAI UN PROFETA
Dorme, como dorme o Arco da vella no ceo,
e cando amenza
acende a luz azul que hai na túa mirada
para facer que volvan as andoriñas transparentes
debuxando celestiais fantasías no papel que nos tocou vivir.
Ti durmida xunto a min, é ser -
Nas rúas habitan as imaxes
08/17/10
Suxiro que nas rúas habitan as imaxes que soportan todo o halo da civilización pola que vagamos. Elas fan a súa vida cada día, relaciónanse connosco dende as súas estratéxicas posicións, ofrecen e piden, sorrín e soñan que nos fan soñar dende a indiferenza das súas paredes e marcos nos q -
Bondades malferidas
08/16/10
Ás veces vólvome para mirar ao ceo as súas estrelas, as súas distancias, que tanto me ensinan. A miña vella canción que todo o domina, cantada coas primeiras luces de cada novo amañecer. Choro a miña nenez raptada polo bárbaro cíclope devorador de fantasías, o eterno maltratador de inoce -
Un caso perdido
08/10/10
Podemos ser vagabundos cada día, ir coas mesmas botas toda a vida. Un camiño abre sempre dez máis, e así sucesivamente ata volver ao punto de partida, ese punto que nunca existiu realmente, por que é tan relativo e abstracto como o final. Xoguemos outra man unha vez máis, di o Joker, ao -
A Fonte da Verdade
08/09/10
A caso estás ferido? Pero se tan só foi un golpe de efecto! Baixa da montaña e achégate a este altar do traballo onde a suor corre polas veas para regar os danos de todos os días. Ven ao val dos diamantes negros que van saíndo das covas que perforou o sangue e as cadeas que ataban almas -
Na túa nube musical
08/02/10
Soñarte nas miñas mans, por que es a miña guitarra doce e sinuosa,
Fender Stratocaster, branca e negra, positiva negativa.
Deixemos que soen os bicos na túa nube musical.
Bicos..., máis bicos, nun longo recital.
**************************************************
-
Mollado de diamantes
- julio
- junio
- febrero
- enero
-
agosto
- 2009
- 2008
- 2007
- 2006

Archivo



